martes, 28 de febrero de 2012

Plateiro mais eu en cangas.


Platero mais eu en Cangas .



Platero mais eu estabamos na praia do canaval,nun precioso día de outono,chegábanos a auga ata os pes e disfrutabamos do noso paseo pola veira do mar. Xa empezaba a atardecer cando de súpeto,unha ola xigante arraxou a praia enteira, Prateiro mais eu ,saímos da praia empapados e cheos de area. Collemos as cousas e marchamos para casa pola beirarrúa, para darnos unha boa ducha de auga quente.
A maña seguinte,decidimos ir polo paseo de rodeira e atopamos un rapaces que andaban a tirar ovos -.non te asustes Platero, e típico do entroido de Cangas vamos a protexernos eu póñome este mono e a ti tapareite con esta manta, para que non nos ensuciemos mais -.díxenlle eu mentes que Platero rebuznaba, movendo a súa pequena cabeza para riba e para baixo-.pois veña vamos alá Saiamos da casa todos protexidos cando de supeto tiráronlle un petardo a Platero deu un pequeno chimpo cara riba e fíxose dano nunha pata.
Ao día seguinte xa pasa o entroido ,non había
mais perigos. Así que fomos ata a praia dos patos, en masso,para darlle de comer aos patos e ocas. Chégamos alí e démoslle de comera todos os patos e as ocas,vin a Platero con cara de extrañao,algo pasaba de súpeto escoitouse un forte estruendo e comenzou a chover empezamos a corres sen pensalo dúas veces mais non nos libramos da molladura e chegamos a casa moi empapados.

viernes, 24 de febrero de 2012

Joaquin Soroya


Joaquin Soroya



Cando apenas contaba con dous anos de idade, faleceron os seus pais por mor dunha epidemia de cólera. Ao quedar orfos a súa irmá Eugenia e el, a súa tía Isabel, irmá da súa nai, e o seu marido, de profesión cerralleiro, recolléronos. Pasados os anos intentaron ensinarlle, en balde, o oficio da cerrallaría, advertindo pronto que a súa verdadeira vocación era a pintura.
Outra importante faceta súa foi a de retratista, de figuras importantes como foron Juan Ramón Jiménez, o rei Afonso XIII, Vicente Blasco Ibáñez, Ortega e Gasset, etc. Tamén, en 1914, fora nomeado académico e, cando terminou os traballos para a Hispanic Society, traballou como profesor de composición e cor na Escola de Belas Artes de Madrid. A súa pintura representou a aplicación directa do luminismo á paisaxe e a figura, achegando xa que logo esta tendencia á sociedade da época.
En 1920, mentres pintaba o retrato da señora Pérez de Ayala no xardín da súa casa en Madrid, padeceu un ataque de hemiplexía que minguou drasticamente as súas facultades físicas e mentais. Faleceu na súa casa de Cercedilla o 10 de agosto de 1923.