martes, 28 de febrero de 2012

Plateiro mais eu en cangas.


Platero mais eu en Cangas .



Platero mais eu estabamos na praia do canaval,nun precioso día de outono,chegábanos a auga ata os pes e disfrutabamos do noso paseo pola veira do mar. Xa empezaba a atardecer cando de súpeto,unha ola xigante arraxou a praia enteira, Prateiro mais eu ,saímos da praia empapados e cheos de area. Collemos as cousas e marchamos para casa pola beirarrúa, para darnos unha boa ducha de auga quente.
A maña seguinte,decidimos ir polo paseo de rodeira e atopamos un rapaces que andaban a tirar ovos -.non te asustes Platero, e típico do entroido de Cangas vamos a protexernos eu póñome este mono e a ti tapareite con esta manta, para que non nos ensuciemos mais -.díxenlle eu mentes que Platero rebuznaba, movendo a súa pequena cabeza para riba e para baixo-.pois veña vamos alá Saiamos da casa todos protexidos cando de supeto tiráronlle un petardo a Platero deu un pequeno chimpo cara riba e fíxose dano nunha pata.
Ao día seguinte xa pasa o entroido ,non había
mais perigos. Así que fomos ata a praia dos patos, en masso,para darlle de comer aos patos e ocas. Chégamos alí e démoslle de comera todos os patos e as ocas,vin a Platero con cara de extrañao,algo pasaba de súpeto escoitouse un forte estruendo e comenzou a chover empezamos a corres sen pensalo dúas veces mais non nos libramos da molladura e chegamos a casa moi empapados.

viernes, 24 de febrero de 2012

Joaquin Soroya


Joaquin Soroya



Cando apenas contaba con dous anos de idade, faleceron os seus pais por mor dunha epidemia de cólera. Ao quedar orfos a súa irmá Eugenia e el, a súa tía Isabel, irmá da súa nai, e o seu marido, de profesión cerralleiro, recolléronos. Pasados os anos intentaron ensinarlle, en balde, o oficio da cerrallaría, advertindo pronto que a súa verdadeira vocación era a pintura.
Outra importante faceta súa foi a de retratista, de figuras importantes como foron Juan Ramón Jiménez, o rei Afonso XIII, Vicente Blasco Ibáñez, Ortega e Gasset, etc. Tamén, en 1914, fora nomeado académico e, cando terminou os traballos para a Hispanic Society, traballou como profesor de composición e cor na Escola de Belas Artes de Madrid. A súa pintura representou a aplicación directa do luminismo á paisaxe e a figura, achegando xa que logo esta tendencia á sociedade da época.
En 1920, mentres pintaba o retrato da señora Pérez de Ayala no xardín da súa casa en Madrid, padeceu un ataque de hemiplexía que minguou drasticamente as súas facultades físicas e mentais. Faleceu na súa casa de Cercedilla o 10 de agosto de 1923.

martes, 17 de enero de 2012

Atrapado no submarino

Todo empezou así xusto así. Acosteime sobre as 11:15 da noite nun caloroso dia de verán
tiven un sono era así xusto así. Facia un mes que estaba atrapado nun submarino nuclear nos había mandado a C.I.A a unha misión especial, estaba atrapado nun submarino sen provisións ningunhas os demais avíanse ido nas cápsulas de emerxencia pero aínda queda un home coa mente malévola derrápente enbestimos contra un arrecife de coral moi afiado que se nos abriu unha brecha no casco do submarino, tapeina pero o home malévolo volveu a abrir a brecha ata que me cansei e decidín saír a nado do submarino pero hai un problema que estaba a mais de 560 metros de profundidade, así que decidín coller o traxe de buceo e saír de alí cando saín a superficie encontrei unha pequena illa con súa palmeira e seus cocos,pasaron dúas semanas e pasou un
helicóptero que me rescatou e así acaba meu conto.

lunes, 16 de enero de 2012

O Ceminterio de Coiro

O cementerio de Coiro




Cando a miña nai era nena existía a lenda do cemiterio de Coiro. O colexio de Coiro onde ela estudaba estaba detrás do cemiterio. Dicían que unha antiga estudante de alí que xa morrera, ás veces aparecíase no colexio. O colexio e o cemiterio estaban moi preto, todos crían que era certo e os nenos, como a miña nai, ás veces  asustábanse moito, sobre todo cando ían ao baño.

viernes, 13 de enero de 2012

A miña paisaxe
A miña paisaxe ten o sol dunha cor amarela coma a xema dos ovos,o ceo ten moitas variedades de azuis, a terra é dunha cor negra moi intensa e o mar é dun azul escuro como os delfíns.